Santiago Sostible

Un novo proxecto de recollida de lixo e limpeza viaria

#Ti tes a chave

Temos un Plan para a xestión da materia orgánica no noso concello

Novo plan de limpeza viaria e recollida de lixo

O Concello de Santiago de Compostela está en pleno proceso de implantación dun novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo que contempla ampliacións destes servizos entre os que podemos destacar:

renovación flota

Renovación de toda a flota por vehículos cero emisións

frecuencias de barrido

Novas frecuencias de barrido

colectores

Cambio de todos os colectores de todas as fraccións

lixo orgánico

Recollida de voluminosos

Santiago Sostible reciclaxe cidade

Desde o Concello de Santiago e desde Urbaser, somos conscientes dos importantes retos aos que nos estamos enfrontando que precisarán de moito traballo de sensibilización e información á cidadanía para conseguir unha cidade máis limpa e máis sostible

Tamén temos previsto un ambicioso plan de información que ten como obxectivo buscar o compromiso de todas e todos para conseguir ese Santiago de futuro que todas e todos queremos.

O noso casco histórico é obxecto da posta en marcha dun novo e ambicioso proxecto que pretende eliminar os colectores do mesmo por medio dun servizo de recollida porta a porta para as empresas e un sistema de illas de quita e pon para o lixo domiciliario, que serán instaladas de 19:00 a 23:00 h. en 10 puntos do casco histórico.

Plan de orgánica

Temos deseñado un novo plan de xestión da materia orgánica que conta con tres liñas de acción que cubrirán todas as posibilidades dependendo de cada zona do nosos concello, permitindo así que cada familia poida escoller cal é a opción que mellor lle encaixa.

Para este fin abrimos varias liñas coa cidadanía.

Compostaxe individual

Colector marrón

Xa damos por rematada a extensión dos colectores marróns a toda a cidade, e a partir de agora se precisas un colector mais próximo a túa vivenda so tes que solicitalo e analizaremos a mellor solución.

MAPA DE SITUACIÓN ACTUAL DO COLECTOR MARRÓN

SOLICITA UN COLECTOR MARRÓN

Debido a que os colectores marróns están pechados, terás que solicitar unha tarxeta electrónica para poder abrilos, para iso podes empregar este formulario online enviándonos os teus datos. Súmate ao voluntariado marrón!

Solicita a túa chave electrónica para abrir os colectores, e leva un kit de benvida para a túa casa formado por un caldeiro de 10 litros, bolsas compostables e a tarxeta que che permitirá abrir o colector marrón da rúa. Preme aquí para ver as instruccións.

SOLICITUDE ONLINE TI TES A CHAVE

Tamén podes solicitar e recoller a chave electrónica e o kit nos seguintes centros socioculturais:

CSC de Fontiñas
Rúa Berlín, 13 (Ubicación e horarios)

CSC do Castiñeiriño
Rúa da Virxe de Fátima, 2 (Ubicación e horarios)

CSC de Santa Marta
Rúa de Antonio Rama Seoane, 6 (Ubicación e horarios)

CSC de Vite “José Saramago”
Rúa de Carlos Maside, 7 (Ubicación e horarios)

Casco Histórico-CSC Maruxa e Coralia
Praza de Salvador Parga (Ubicación e horarios)

CSC Aurelio Aguirre de Conxo
Praza de Aurelio Aguirre (Ubicación e horarios)

Casa das Asociacións de Cornes
Rúa Manuel Beiras, 3. (ubicación e horario)

Centro Sociocultural O Ensanche
Rúa Frei Rosendo Salvado, 16 (ubicación e horario)

 

colector marrón

Compostaxe individual

Compostaxe individual

Entregamos de xeito gratuíto un kit de compostaxe (composteiro, termómetro, aireador e manual) e a formación necesaria para que poidas producir compost na túa parcela. Solicita o teu kit de compostaxe

SOLICITUDE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL

 

 

Compostaxe Individual

Compostaxe individual

 

Compostaxe comunitaria

Xa contamos con 10 illas de compostaxe na nosa cidade, illas nas que podes transformar in situ os teus residuos orgánicos, na seguinte ligazón podes ver as súas localizacións.

MAPA UBICACIÓN ILLAS DE COMPOSTAXE COMUNITARIA

Desde o Concello de Santiago animamos á veciñanza a solicitarnos novas localizacións, xa que o noso compromiso coa compostaxe lévanos a aumentar o seu número a petición da veciñanza.

SOLICITUDE NOVA ILLA DE COMPOSTAXE

Recollida de voluminosos Santiago de Compostela

Recollida de voluminosos

En Santiago contamos cun servizo de recollida de voluminosos a domicilio, polo que non tes escusa para deixar abandonados calquera tipo de residuo que non poida ser depositado nos colectores da rúa.

Só tes que chamar ao 981 56 54 69 e concertaremos contigo a retirada.

O horario para avisos de recollida  de voluminosos é de 10:00h a 13:00h, de luns a venres

Se queres achegarte ás instalacións do Punto Limpo, o noso horario é o seguinte:

Luns a venres
11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

Sábado
11:00 a 18:00 . 

 

É moi sinxelo!

 

 

PUNTOS LIMPOS MÓBILES

Os puntos limpos móbiles son vehículos adaptado que percorren os diferentes barrios, cuns horarios e puntos prefixados, co fin de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.

Contacto

Horario
Horario
INCIDENCIAS DO SERVIZO

Luns a venres
07:00 a 14:30

Teléfono
Teléfono

981 565 469

Chamar 981 565 469

Mapa
Localización

Vía Édison 48, no Polígono do Tambre

Ver en Google Maps

¿Tes algunha dúbida?

Contamos con moitas máis novidades sobre o novo servizo.
Seguiremos ampliando a información!

    Ayuntamiento de Santiago de Compostela tratará os seus datos persoais coa finalidade de atender as solicitudes presentadas a través do presente formulario. Para máis información e como exercitar os seus dereitos, lea nuestra Política de privacidade.