VOLVEN AS ACCIÓNS INFORMATIVAS ‘TI TES A CHAVE’ ÁS RÚAS DE COMPOSTELA

4 · Setembro · 2026 | Accións

O vindeiro xoves 10 de setembro volvemos ás rúas compostelás para seguir impulsando a separación e a reciclaxe dos residuos orgánicos que xeramos a diario nos nosos fogares. A carpa da campaña ‘Ti Tes A Chave’ estará localizada en:

📍Rúa Berlín [xunto a entrada de Área Central], en horario de 10:30h a 13:30h.

📍Restollal – Isidro Parga Pondal [xunto a Illa de Compostaxe], en horario de 15:30h a 18:30h.

Achégate ao noso stand, infórmate e únete ao voluntariado marrón. Reciclar é unha tarefa de toda a comunidade. Súmate ao coidado da nosa cidade, coidar do medio ambiente é responsabilidade de todos e todas nós.

#santiagosostible #pazoraxoi #Urbaser #MedioAmbiente #Educación #Reciclaxe #compostaxe