Santiago Sostible

Un novo proxecto de recollida de lixo e limpeza viaria

#Ti tes a chave

Temos un Plan para a xestión da materia orgánica no noso concello

Novo plan de limpeza viaria e recollida de lixo

O Concello de Santiago de Compostela está en pleno proceso de implantación dun novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo que contempla ampliacións destes servizos entre os que podemos destacar:

renovación flota

Renovación de toda a flota por vehículos cero emisións

frecuencias de barrido

Novas frecuencias de barrido

colectores

Cambio de todos os colectores de todas as fraccións

lixo orgánico

Recollida de voluminosos

Santiago Sostible reciclaxe cidade

Desde o Concello de Santiago e desde Urbaser, somos conscientes dos importantes retos aos que nos estamos enfrontando que precisarán de moito traballo de sensibilización e información á cidadanía para conseguir unha cidade máis limpa e máis sostible

Tamén temos previsto un ambicioso plan de información que ten como obxectivo buscar o compromiso de todas e todos para conseguir ese Santiago de futuro que todas e todos queremos.

O noso casco histórico é obxecto da posta en marcha dun novo e ambicioso proxecto que pretende eliminar os colectores do mesmo por medio dun servizo de recollida porta a porta para as empresas e un sistema de illas de quita e pon para o lixo domiciliario, que serán instaladas de 19:00 a 23:00 h. en 10 puntos do casco histórico.

Plan de orgánica

Temos deseñado un novo plan de xestión da materia orgánica que conta con tres liñas de acción que cubrirán todas as posibilidades dependendo de cada zona do nosos concello, permitindo así que cada familia poida escoller cal é a opción que mellor lle encaixa.

Para este fin abrimos varias liñas coa cidadanía.

Compostaxe individual

Colector marrón

Os colectores marróns de recollida de materia orgánica estanse a estender por toda a cidade. Están pechados, polo que debes solicitar a túa chave de acceso​.

Podes solicitar o kit de benvida nas moitas actividades de rúa que se realizan, nesta ligazón ou nos seguintes centros socioculturais: (coa entrada dos horarios de verán, os CSC abrirán en xullo de 8 a 15 horas e pecharán durante o mes de agosto)

CSC de Fontiñas
Rúa Berlín, 13 (Ubicación e horarios)

CSC do Castiñeiriño
Rúa da Virxe de Fátima, 2 (Ubicación e horarios)

CSC de Santa Marta
Rúa de Antonio Rama Seoane, 6 (Ubicación e horarios)

CSC de Vite “José Saramago”
Rúa de Carlos Maside, 7 (Ubicación e horarios)

Casco Histórico
CSC Maruxa e Coralia
Praza de Salvador Parga (Ubicación e horarios)

CSC Aurelio Aguirre de Conxo
Praza de Aurelio Aguirre (Ubicación e horarios)

colector marrón

Compostaxe individual

Compostaxe individual

Entregamos de xeito gratuíto un kit de compostaxe (composteiro, termómetro, aireador e manual) e a formación necesaria para que poidas producir compost na túa parcela. Solicita o teu kit de compostaxe nesta ligazón

Compostaxe Individual

Compostaxe individual

 

Compostaxe comunitaria

Abrimos unha consulta a toda a cidadanía que estea disposta a paraticipar na compostaxe comunitaria, para así decidir colectivamente a instalación de novas illas. Participa na campaña de ampliación da compostaxe comunitaria nesta ligazón

Recollida de voluminosos Santiago de Compostela

Recollida de voluminosos

En Santiago contamos cun servizo de recollida de voluminosos a domicilio, polo que non tes escusa para deixar abandonados calquera tipo de residuo que non poida ser depositado nos colectores da rúa.

Só tes que chamar ao 981 56 54 69 e concertaremos contigo a retirada.

O horario para avisos de recollida  de voluminosos é de 10:00h a 13:00h, de luns a venres

Se queres achegarte ás instalacións do Punto Limpo, o noso horario é o seguinte:

Luns a venres
11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

Sábado
11:00 a 18:00 . 

 

É moi sinxelo!

 

 

PUNTO LIMPO MÓBIL

O punto limpo móbil é un vehículo adaptado que percorre os diferentes barrios, cuns horarios e puntos prefixados, co fin de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.

Horario
Sábados de 10:00. a 13:00.

Localizacións
1º sábado do mes · As Fontiñas (Rúa de París)
2º sábado do mes · Praza Roxa
3º sábado do mes · Virxe da Cerca
4º sábado do mes · Castiñeiriño

 

Contacto

Horario
Horario
INCIDENCIAS DO SERVIZO

Luns a venres
07:00 a 14:30

Teléfono
Teléfono

981 565 469

Chamar 981 565 469

Mapa
Localización

Vía Édison 48, no Polígono do Tambre

Ver en Google Maps

¿Tes algunha dúbida?

Contamos con moitas máis novidades sobre o novo servizo.
Seguiremos ampliando a información!