Os actos vandálicos en Santiago poden ser sancionados con multas de ata 3.000 euros

7 · Xullo · 2026 | Servizo de limpeza e conservación

Os actos de vandalismo continúan a deixar a súa pegada no mobiliario urbanístico e nos espazos públicos compostelás. Nesta ocasión foi a quenda de Travesa dos Basquiños onde apareceron pintadas nas paredes dun edificio. O persoal de Urbaser S.A. Santiago de Compostela realizou as labores de limpeza e pintada.
Lémbrase que está totalmente prohibido realizar grafitis e/ou pintadas, salvo aquelas que conten con autorización expresa. A infracción desta normativa pode resultar en sancións económicas que varían en función da zona afectada e a gravidade do dano causado e poden alcanzar ata os 3.000 euros.
Se coñeces algunha zona na que consideres necesaria unha actuación de limpeza, podes avisarnos a través desta páxina web.