A empresa a cargo do servizo de limpeza e recollida de lixo, Urbaser, organizou unha campaña preventiva de eliminación de folla nas rúas de Compostela. O persoal realizou labores de limpeza que todavía continúan en activo con maquinaria específica.
Desde Urbaser e Concello solicítase a colaboración cidadá. En caso de atopar algún sumideiro tupido ao cal aínda non chegou o persoal de limpeza e mantemento, rógase dar aviso a través do nóso buzón de incidencias. Achégase o inverno e a temporada de fortes choivas, toda colaboración é pouco para poder mante as rúas limpas e seguras.
Lémbrase que as follas non son lixo, elimínanse para evitar este tipo de problemáticas, pero forman parte viva e activa da nosa cidade.

