Urbaser lanza un aviso importante sobre o Punto Limpo de Piñor

20 · Novembro · 2026 | Avisos

Desde a empresa a cargo do servizo de limpeza e recollida de lixo do Concello de Santiago de Compostela, Urbaser, lanzan un aviso importante á cidadanía sobre o Punto Limpo de Piñor.

Lembran aos veciños e veciñas de Compostela que este punto limpo conta cun horario especial os sábados e permanecerá pechado os segundos e cuartos sábados de cada mes. 

Recoméndase consultar os horarios antes de visitalo e agradécese a colaboración cidadá.