XORNADA SOBRE COMPOSTAXE EN COMPOSTELA

16 · Maio · 2024 | Reciclaxe

O sábado 25 de maio no Edificio CERSIA.

O Concello de Santiago organiza unha xornada sobre compostaxe para que todas aquelas persoas que o desexen poidan aprender e resolver dúbidas sobre a compostaxe, tanto individual como comunitaria.

En Santiago contamos xa con mais de 1.500 familias que están compostando na súa parcela, outras moitas que o fan por medio das illas de compostaxe comunitaria e 4.500 participando da recollida colectiva en colector marrón, para todas elas, así como para todas as persoas de Compostela ou que se queiran achegar, preparamos unha xornada de mañá, que servirá para poder aprender mais sobre compostaxe e tamén compartir intereses e experiencias durante unhas horas con outras persoas.

PROGRAMA

10:15 h _ Recepción

10:30 h _ A COMPOSTAXE NA CASA

11:00 h _ A XESTIÓN DA MATERIA ORGÁNICA EN COMPOSTELA

11:50 h _ Merenda

13:00 h _ AGRO COMPOSTAXE coa GRANXA MILLO E LANDRAS

13:40 h _ Debate

14:00 h _ Remate da xornada Durante a xornada haberá obradoiros ambientais para a cativada. PRAZAS LIMITADAS, ANÓTATE NESTA LIGAZÓN, NO 618 004 110 OU EN info@santiagosostible.gal

A inscrición é totalmente de balde e pretende promover a compostaxe entre a cidadanía, así como que un Santiago Sostible é cousa de todos e todas.