Volven os punto de información sobre o colector marrón ó concello de Santiago de Compostela

20 · Febreiro · 2025 | Avisos, Consellos

Desde o Concello de Santiago queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, por iso para cumprir coa lexislación vixente é moi importante que comecemos a definir cal vai a ser o noso modelo ao respecto.
O colector marrón, a quinta fracción, que ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos chegou ó municipio hai un tempo. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado coa finalidade de concienciar á veciñanza da separación de residuos orgánicos. Queremos ser máis sostibles e iso so será posible coa implicación de toda a cidadanía, por iso queremos facer unha nova chamada á participación das familias residentes en Santiago de Compostela.
Súmate ao voluntariado marrón. Buscamos familias e persoas concienciadas O vindeiro mércores 29 de xaneiro retomarase a campaña de sensibilización e divulgación para que todas as familias interesadas podan informarse na carpa de “Ti tes a Chave” en horario de 10.30h a 13.30h, en avenida de Castelao [á altura do bar Palmas], e de 15.30h a 18.30h en parque Alameda.
Estas accións a pé de rúa repetiranse nas vindeiras semanas e meses e poderán consultar os horarios e as localizacións nas redes socias e na web de Santiago Sostible. Que residuos se deben meter neste colector
En canto aos residuos que deben ir neste colector marrón son: os restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas, cortizas, en definitiva calquera resto orgánico.
Pola contra, o que nunca debe depositarse neste colector é, os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e outro tipo de residuos non orgánicos.

Un Santiago máis sostible é cousa de todos e todas, moitas grazas por colaborar.

Etiquetas: