O colector marrón é unha iniciativa coa que desde o Concello de Santiago se achega á cidadanía a reciclaxe de refugallos orgánicos.
Co fin de incentivar a participación, o stand informativo da campaña sairá novamente á rúa o vindeiro mércores, 25 de xuño. Farao nas seguintes localizacións:
De 10.30h a 13.30h. Rúa dos Concheiros [á altura do Gadis]
De 15.30h a 18.30h. Avenida Mestra Victoria Míguez [xunto a Nave de Vidán]
Ademáis da información sobre a materia e o reparto de kits para a reciclaxe, tamén haberá bolsas de compost dispoñibles para aquelas persoas que desexen facerse con algunha.
Únete ao voluntariado marrón. Xuntos facemos da cidade de Santiago un lugar más sostible.