Tres mitos que existen en torno á reciclaxe

23 · Decembro · 2025 | Reciclaxe

En torno á reciclaxe existen moitos mitos que poden desinformar.  Hoxe traémosvos algúns deles. Coñeciádelos?
– Mito. A reciclaxe só implica separación de papel, vidro e plástico.
– Verdade. Tamén se reciclan os metais, materiais de construción, téxtil, electrodomésticos e outros.
– Mito. Todos os plásticos poden ser reciclados.
– Verdade. Adóitanse reciclar os das botellas e envases. Non se reciclan o poliespán, garfos de plástico, cepillos de dentes, bolígrafos… pois non poden ser procesados para a fabricación de novos produtos.
– Mito. A calidade dos produtos reciclados é peor.
– Verdade. O vidro, o aluminio e moitos plásticos recíclanse ilimitadamente sen que mingüe a súa calidade.
 
Etiquetas: Reciclaxe