Dende este xoves 6 de xullo varíase o horario de colocación das illas de quita e pon de recollida de lixo domiciliario e lixo miúdo de oficinas e comercio. As illas comezarán a colocarse nos seus respectivos emprazamentos para estar dispoñibles para o depósito de residuos a partires das 20:00 h. Por outra banda, dada a multitude de eventos previstos durante o verán trasládase temporalmente a illa de reciclaxe da Praza do Toural á Praza de Fuenterrabía.
Así pois, as illas estarán a disposición da veciñanza dende este xoves 6 de xullo e a partirdas 20:00 horas nas seguintes localizacións:
1. Praza da Algalia de Abaixo
2. Rúa Salvador Parga
3. Rúa de Santo Agostiño – Ameas
4. Praza de Mazarelos
5. Praza de Cervantes
6. Praza de San Martiño Pinario
7. Praza de Praterías
8. Praza de Fuenterrabía
9. Travesa de Fonseca
10. Rúa Carretas
As illas de reciclaxe de quita e pon son espazos temporais para depositar os residuos procedente das vivendas e os residuos miúdos de oficinas e comercio, e que están en funcionamento en diversos puntos da zona vella cun amplo horario, que vai dende as 20:00 ás 23:30 horas.
Nesta franxa temporal, a veciñanza pode depositar separadamente as diferentes fraccións de residuos domiciliarios: papel e cartón, vidro, envases lixeiros, orgánica e resto.