Súmate ao voluntariado marrón

24 · Febreiro · 2025 | Avisos

O vindeiro mércores, 26 de febreiro, temos unha nova cita coa reciclaxe. O noso stand informativo sobre o colector marrón volve ás rúas de Santiago para resolver todas as vosas dúbidas en torno á reciclaxe de residuos orgánicos no colector marrón. Estaremos nas seguintes localizacións e horarios:

Rúa de Santa Marta de Arriba (fronte Prysma Ortopédico). De 10:30 a 13:30h.

Rúa dos Concheiros (á altura do Gadis). De 15:30 a 18:30h.

Ademais de atopar toda a información necesaria, poderedes adquirir o voso kit de reciclaxe e a tarxeta.

Únete ao voluntariado marrón, axúdanos a facer de Santiago unha cidade máis limpa e sostible.