Durante o día de hoxe, luns 19 de maio, os mestres composteiros estarán a realizar un baleirado na illa de compostaxe comunitaria de Galeras, en horario de 10.30h a 12.30h. As persoas interesadas poderán achegarse ata a illa para recoller unha bolsa de compost ou a cantidade que precisen.
Os mestres composteiros resolverán as dúbidas relacionadas co funcionamento das illas ou coa compostaxe comunitaria e, tamén, calquera cuestión ligadas á compostaxe doméstica.