Que fago cos residuos que non van a ningún colector?

27 · Marzo · 2026 | Accións, Avisos

Ademais do Punto Limpo de carácter fixo, Santiago conta cun punto limpo móbil para facilitar á veciñanza a correcta separación dos seus refugallos. Un vehículo adaptado que percorre a cidade os sábados pola mañá, con áreas predefinidas para o seu uso por parte da cidadanía.

Cada sábado corresponde un barrio concreto, en horario de 10:30 a 12:45h. As quendas son as seguintes:

  • 1º sábado de cada mes: Fontiñas
  • 2º sábado de cada mes: Praza Roxa
  • 3º sábado de cada mes: Virxe da Cerca
  • 4º sábado de cada mes: Castiñeiriño

No punto limpo, pódense depositar aqueles residuos que non van a ningún colector, como por exemplo:

  • Aceite e filtros de automoción
  • Pilas, baterías e cartuchos de tinta
  • DVDs e cintas VHS
  • Pequenos electrodomésticos e lámpadas
  • Envases de metal e plástico contaminados
  • Aceite vexetal
  • Aerosois
  • Roupa e téxtil

Pola contra, non se poden depositar os seguintes elementos:

  • Entullos, madeira ou restos de poda
  • Voluminosos
  • Utensilios
  • Pneumáticos
  • Papel e cartón
  • Plásticos e poliespán

Para os voluminosos, a veciñanza tamén dispón dun servizo de recollida a domicilio. Para facer uso do mesmo, deberase chamar ao 981 56 54 69 para concertar unha cita previa co día, hora e lugar da vía pública onde depositar os obxectos para a súa recollida. O horario de avisos é de luns a venres, de 10 a 13h.