O voluntariado marrón é un proxecto do Concello de Santiago que impulsa a colaboración da cidadanía na reciclaxe dos residuos orgánicos como restos de alimentos – peixe, carne, pan, verduras e froitas –, cunhas de mariscos e froitos secos, restos de plantas, papel de cociña…
Non obstante, existe unha serie de elementos que adoitan espertar dúbidas acerca da súa reciclaxe e que non se deben desbotar no colector marrón:
- Comida envasada.
- Cueiros, compresas e bastonciños de algodón.
- Cabichas e paquetes de tabaco.
- Cápsulas de café. Si irían no colector marrón os restos de café e infusións.
- Papel de aluminio.
- Plásticos e envases.
- Lixo ou cabelos.
Os refugallos deste colector, que funciona cunha chave electrónica, empregarase para a creación de compost. As persoas interesadas en participar poderán pedir o seu kit de reciclaxe – caldeiro aireado, chave e bolsas compostables – a través do formulario online habilitado para tal fin.