Punto Limpo Móbil

6 · Xullo · 2023 | Sin categoría

O Concello de Santiago e Urbaser, a través de Santiago Sostible, dispón do punto limpo móbil, iniciativa itinerante que se suma ao servizo de xestión de recollida de residuos non voluminosos. A Concellería de Sustentabilidade Ambiental dá así a coñecer este sistema que facilitará tamén a reciclaxe mediante a recollida selectiva.

O punto limpo móbil é un vehículo adaptado que percorre os diferentes barrios, cuns horarios e puntos prefixados, co obxectivo de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.

Este vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo.

Neste punto limpo móbil haberá un operario para axudar a que todos os residuos se depositen en cadanseu colector específico.

 

HORARIOS E LOCALIZACIÓNS

O punto limpo móbil estará dispoñible os sábados, en horario de 10 a 13 horas. As súas paradas son as seguintes:

1º sábado do mes: As Fontiñas (Rúa de París)

2º sábado do mes: Praza Roxa

3º sábado do mes: Virxe da cerca

4º sábado do mes: Castiñeiriño

 SELECCIÓN DE RESIDUOS

Os residuos que se poderán depositar no punto limpo móbil son os seguintes:

-Aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, cd e dvd, cristal, xoguetes, lámpadas e flourescentes, pequenos electrodomésticos, pilas, pinturas e vernices, roupa e calzado, radiografías e móbiles vellos.

Pola contra, non se poderán deixar os seguintes detritos:

-Entullos, voluminosos, utensilios, madeira, pneumáticos, papel e cartón, plásticos, poliespán e restos de poda.

Etiquetas: