Os beneficios do compost para os cultivos do teu xardín e horta

12 · Setembro · 2025 | Consellos

O compost non só axuda na reciclaxe e reaproveitamento dos refugallos, tamén aporta unha grande cantidade de beneficios para os hortos e xardíns.

Mellora a fertilidade do solo e, polo tanto, a nutrición dos cultivos. Tamén reduce a erosión do chan.

Incorpora microorganismos beneficiosos tanto para o solo como para os cultivos.

Aumenta a retención de auga polo que a hidratación é maior e afórrase na rega. Isto último, moi importante sobre todo no verán.

Axuda a protexer as plantas de secas e xeadas.

Por todo isto, conséguese a protección do medio ambiente pero tamén un aforro económico importante: en augo, fertilizantes químicos, novas plantas…

Desde o concello de Santiago poñemos a disposición da veciñanza un composteiro individual para que reciclen os seus refugallos na súa propia parcela. As persoas interesadas poden solicitalo a través do formulario en liña dispoñible na nosa páxina web.

Etiquetas: