O stand informativo de Ti tes a Chave volve ás rúas de Santiago para informar e impulsar a reciclaxe de residuos orgánicos a través do colector marrón. Estará o vindeiro mércores, 29 de abril nas seguintes localizacións:
- De 10.30h a 13.30h Rúa San Lázaro (xunto á capela).
- De 15.30h a 18.30h Restollal – Isidro Parga Pondal (xunto a illa de compostaxe).
Durante a xornada, as persoas interesadas tamén poderán facerse co seu kit de reciclaxe, que inclúe a chave dos colectores marróns. Colectores pechados para a concienciación da veciñanza e a mellora na reciclaxe destes residuos.
Actualmente, son máis de 6.000 as familias que se sumaron xa ao voluntariado marrón, axudando non só a protección do medio ambiente senón tamén ao aforro nas facturas da xestión de residuos do Concello, pagadas cos impostos de todos nós.

