O concello de Santiago está a impulsar unha acción de voluntariado para a erradicación da planta invasora Tradescantia fluminensis, coñecida comúnmente como “herba da fortuna” ou “orella de gato” da zona fluvial do río Sar.
Para conseguir o seu obxectivo, os voluntarios arrincarán de raíz a devandita especie invasora para plantar nas zonas xa limpas especies autóctonas como a madreselva común, a hedra inglesa ou o salgueiro negro. Así mesmo, para garantir o éxito da recuperación, levaranse a cabo accións de monitoreo e mantementos periódicos da vexetación autóctona.
As xornadas de voluntariado estenderanse ao longo desta semana, ata o sábado. Calquera persoa que estea interesada pode unirse aos grupos de voluntarios en calquera dos horarios dispoñibles: polas mañás de 10.00 a 13.00 horas; e polas tardes de 15.00 a 18.00 horas. Para iso, deberán confirmar a súa asistencia cun correo a bosque@santigodecompostela.gal ou no teléfono 981 54 30 60.
Con esta actividade – incluída no Plan de Participación Cidadá para a restauración do ecosistema fluvial do río Sar, enmarcado no proxecto Ecobosque – non só se consegue a recuperación do devandito ecosistema, tamén se consolida a concienciación social sobre a importancia de protexer o noso entorno.
Non vos quededes fóra. Axudádenos a coidar o entorno medioambiental da nosa cidade.