O vindeiro mércores 28 de maio continuamos coa campaña Ti tes a chave, para a concienciación da cidadanía compostelá sobre a importancia da separación e reciclaxe dos refugallos orgánicos. Residuos que deben ir ao colector marrón.
Durante a xornada, as persoas interesadas nesta reciclaxe poderán achegarse á carpa que teremos durante a xornada en dúas localizacións:
De 10:30 a 13:30h no Parque Alameda.
De 15:30 a 18:30h na Avenida Bilbao, xunto a illa de compostaxe comunitaria.
Alí, poderán obter información sobre o colector marrón e conseguir a súa chave e kit de reciclaxe.
Como vimos facendo nas últimas semanas, no stand tamén se poderá adquirir unha mostra de compost producido nas illas comunitarias do noso Concello.
Queremos ser máis sostibles e iso so será posible coa implicación de toda a cidadanía, por iso queremos facer unha nova chamada á participación das familias residentes en Santiago de Compostela. Non esperes máis, súmate ao voluntariado marrón.