Novo plan de xestión da materia orgánica

21 · Xullo · 2022 | Reciclaxe

Novas Santiago Sostible Reciclaxe

Temos deseñado un novo plan de xestión da materia orgánica que conta con tres liñas de acción que cubrirán todas as posibilidades dependendo de cada zona do nosos concello, permitindo así que cada familia poida escoller cal é a opción que mellor lle encaixa.

Colector marrón
Os colectores marróns de recollida de materia orgánica instálanse primeiro en Vite e en Fontiñas e estenderase despois a toda a cidade, estes colectores estarán pechados, polo que cada vivenda da cidade deberá solicitar a súa chave de acceso tanto nesta web como en calquera das moitas accións de rúa que se van a realizar, cando te das de alta entrégaseche un kit de benvida que consta cun cubo aireado de 10 litros, tres atados de bolsas compostables, un folleto informativo e unha tarxeta electrónica que permite a apertura dos colectores.

Compostaxe individual
Todas as familias do rural que dispoñan dunha parcela de mais de 50 m2, poderán solicitar un composteiro que lle entregamos de xeito gratuíto, acompañado dun kit de compostaxe (termómetro, aireador e manual) así como a formación necesaria para que poidas producir compost por ti mesmo. Tamén podes solicitar nesta web o teu composteiro.

Compostaxe comunitaria
Desde o Concello vamos a facer tamén unha importante aposta por aumentar ata 15 as illas de compostaxe, por iso abrimos unha consulta a toda a cidadanía que estea interesada en participar na compostaxe comunitaria, en función das solicitudes recibidas se realizará un mapa de calor, para así decidir colectivamente a instalación de novas illas. Participa na campaña de ampliación da compostaxe comunitaria tamén nesta web.

Etiquetas: compostaxe · Reciclaxe