Novas datas para as accións informativas da campaña Ti tes a chave

11 · Maio · 2025 | Avisos

Continuamos coas accións de rúa da campaña Ti tes a chave, para informar e concienciar a cidadanía sobre a reciclaxe de residuos orgánicos no colector marrón. Coma nas últimas semanas, as accións inclúen o reparto mostras do compost das Illas Comunitarias do Concello de Santiago de Compostela.

Asimemso, xunto coa información e resolución de dúbidas sobre a reciclaxe; seguiranse a repartir os Kits entre aquelas persoas que decidan sumarse ao voluntariado marrón.

As datas da saída á rúa do noso stand informativo son as seguintes:

14 de maio

  • De 10:30 a 13:30h na Rúa de Galeras, xunto a illa de compostaxe comunitaria.
  • De 15:30 a 18:30h na Rúa Berlín (entrada de Área Central).

28 de maio

  • De 10:30 a 13:30h no Parque Alameda.
  • De 15:30 a 18:30h na Avenida Bilbao, xunto a illa de compostaxe comunitaria.

11 de xuño

  • De 10:30 a 13:30h na Avenida Castelao (xunto o bar Palmas).
  • De 15:30 a 18:30h en Restollal – Isidro Parga Pondal, xunto a illa de compostaxe.

25 de xuño

  • De 10:30 a 13:30h na Rúa dos Concheiros á altura do Gadis.
  • De 15:30 a 18:30h na Avenida Mestra Victoria Míguez (xunto a Nave de Vidán).
Etiquetas: