Continuamos coa campaña Ti tes a chave, proxecto que estamos a desenvolver desde o Concello de Santiago para impulsar a reciclaxe na nosa cidade. Con esta acción a cidadanía compostelá poderá unirse ao voluntariado marrón a través da reciclaxe dos seus residuos orgánicos nos colectores marróns que temos instalados ao longo da cidade. ´
Para fomentar a iniciativa, temos organizada a saída a rúa do noso stand informativo, onde as persoas interesadas poderán coñecer toda a información sobre o colector marrón así como adquirir o seu kit de reciclaxe para comezar xa.
A continuación presentámosvos o calendario de datas e localizacións do stand informativo para os vindeiros meses.
Porque xuntos coidamos a nosa cidade e creamos un Santiago máis sostible. Únete ao voluntariado marrón, recicla xa os teus residuos orgánicos de forma correcta e eficiente.