Nova acción informativa sobre compostaxe comunitaria

7 · Outubro · 2025 | Accións

Desde o Concello de Santiago de Compostela continuamos a apostar pola sostibilidade medioambiental cun proxecto de compostaxe, fomentando tanto a individual como a comunitaria.

No impulso desta última, organízanse durante o mes de outubro charlas informativas sobre a mesma. Deste xeito, explicarase o funcionamento das illas de compostaxes comunitarias, repartidas por toda a cidade, e máis resolveranse as dúbidas das persoas asistentes.

Esta semana, os puntos para as devanditas sesións son os seguintes:

Ás 10:30h no CSC Castiñeiriño Agustín Bueno.

Ás 12:00h no CSC Cornes.