Nos últimos 10 anos o concello tratou máis de 6.000t de materia orgánica grazas ao Plan de Compostaxe de Santiago

25 · Marzo · 2025 | Avisos

Na actualidade, máis de 5.000 veciños e veciñas de Santiago forman parte activa da reciclaxe de materia orgánica a través da compostaxe, tanto comunitaria como individual nos fogares. Segundo as enquisas realizadas, as persoas participantes valoran moi positivamente esta acción municipal, cualificándoa cunha nota media de 9,7 sobre 10.

Grazas ao desenvolvemento do Plan de Compostaxe de Santiago e á participación cidadá no mesmo, esas máis de 6.000 toneladas de materia orgánica convertéronse en cerca de 2000t de compost.

As persoas interesadas en unirse ao Plan de Compostaxe, poden transformar os seus residuos orgánicos nunha das 10 illas de compostaxe instaladas na nosa cidade.

Ou pedir o sei kit gratuito de compostaxe individual, sempre que estean empadroadas en Santiago e conten cunha parcela de ao menos 50m2. As persoas que se unan á compostaxe individual recibirán formación sobre a elaboración de compost e unha visita de seguimento meses despois da instalación.

Por outra banda, o concello vén de instalar un punto gratuíto de recollida de estruturante para aquelas persoas usuarias que non dispoñen de suficiente madeira nas súas parcelas. Está situado no punto limpo municipal do Polígono do Tambre, onde quen o precise se pode achegar cunha bolsa ou cesto para recoller as estelas.

Etiquetas: