Non te quedes sen a túa mostra de compost

15 · Abril · 2025 | Avisos

O vindeiro mércores, 23 de abril, no stand informativo de Ti tes a chave os composteiros volverán a repartir mostras de compost das Illas Comunitarias do Concello de Santiago de Compostela.

Ademais, como no resto de accións a pé de rúa, tamén poderedes descubrir toda a información sobre o colector marrón e a reciclaxe de residuos orgánicos, levando convosco o kit para comezar a reciclar.

Poderedes atopar o stand nas seguintes localizacións:

  • Parque Alameda de 10:30 a 13:30h.
  • Avenida de Barcelona (á altura do parque infantil) de 15:30 a 18:30h.
Etiquetas: