Os centros socioculturais de Compostela están a ser unha parte fundamental de #titesachave, campaña de difusión posta en marcha dende Santiago Sostible para promover o uso do colector marrón e fomentar a implicación da cidadanía na compostaxe. Dende que o pasado mes de novembro, o Centro Sociocultural de Fontiñas se converteu no primeiro punto de recollida continuo do kit de benvida e da tarxeta que permite a apertura de seguridade dos colectores marróns, outros cinco destes recintos municipais seguiron os seus pasos.
Grazas a esta participación activa dos espazos comunitarios, unido ao esforzo divulgativo que se realiza cos postos informativos itinerantes a pé de rúa, acadouse xa a participación de máis de 3.000 familias dende a introdución da compostaxe, sistema sustentable para tratar os residuos domésticos de orixe orgánica.
O xa mentado Centro Socio Cultural de Fontiñas foi o primeiro en unirse a #titesachave. Seguiron a estela o CSC do Castiñeiriño, o CSC de Santa Marta, o CSC de Vite, o CSC Maruxa e Coralia e o CSC Aurelio Aguirre de Conxo, e de seguro se irán incorporando mais nas zonas que en breve se irán ampliando. A continuación de tallamos direccións, horarios e ubicacións de cada un deles (coa entrada dos horarios de verán, os CSC abren de 8 a 15 horas no mes de xullo e pechan en agosto):
Rúa Berlín, 13 (Ubicación e horarios)
-
CSC DO CASTIÑEIRIÑO
Rúa da Virxe de Fátima, 2 (Ubicación e horarios)
-
CSC DE SANTA MARTA
Rúa de Antonio Rama Seoane, 6 (Ubicación e horarios)
-
CSC DE VITE “JOSÉ SARAMAGO”
Rúa de Carlos Maside, 7 (Ubicación e horarios)
-
CASCO HISTÓRICO
CSC MARUXA E CORALIA
Praza de Salvador Parga (Ubicación e horarios)
-
CSC AURELIO AGUIRRE DE CONXO
Praza de Aurelio Aguirre (Ubicación e horarios)
Santiago Sostible é un proxecto do Concello de Santiago de Compostela e Urbaser para aglutinar todas as iniciativas relacionadas coa limpeza viaria e a recollida do lixo urbano no municipio compostelán.