Baleirado e cribado nas Illas de Compostaxe Comunitaria

14 · Xuño · 2023 | Sin categoría

Santiago Sostible, proxecto global do Concello de Santiago e Urbaser que aglutina todas as iniciativas de residuos urbanos e limpeza viaria, está a espallar polo municipio a compostaxe comunitaria, un sistema de tratamento de residuos que implica a participación cidadá na xestión dos residuos orgánicos. Achega amplos beneficios tanto ambientais como sociais, ao tempo que é un claro exemplo do funcionamento e mais do retorno que implican os procesos de economía circular.

Para desenvolver este proxecto, Santiago Sostible mantén catro Illas de Compostaxe, que son espazos onde a veciñanza deposita os lixo orgánica. Estas illas atópanse en funcionamento en Santa Marta, Salgueiriños, Galeras e Romaño. Ademais, Santiago Sostible ten previsto abrir proximamente illas de compostaxe no Parque Eugenio Granell, no Parque de San Lázaro, en Volta do Castro, no Parque O Vieiro, en Federica Montseny e na Rúa Mónaco.

Deixámosvos a continuación unha serie de imaxes que reflicten os procesos de baleirado e cribado do compost maduro, lista para empregar nas hortas.

 

Etiquetas: