A protección do noso entorno e a reciclaxe son accións moi importantes que nos afectan a todos. Se ti tamén queres comprometerte co coidado da nosa cidade o voluntariado marrón é perfecto para ti.
Vén ao noso stand informativo o vindeiro 12 de marzo para coñecer toda a información sobre a reciclaxe de residuos orgánicos a través do colector marrón. Poderás conseguir alí mesmo o teu kit e tarxeta para comezar a reciclar. Estaremos nas seguintes ubicacións e horarios:
De 10:30 a 13:30h na rúa de Vista Alegre (fronte Abanca).
E de 15:30 a 18:30h na Praza Roxa.