As cores do outono abandonan a cidade paseniño co constante caer das follas. Para manter a cidade limpa, segura e máis sostible; o equipo de limpeza de Santiago está a facer un intenso labor de recollida.
Estanse a dedicar milleiros de horas coas que, ao retirar os restos vexetais, se conseguen previr riscos potenciais como a acumulación de auga nos días de máis choiva e danos causados pola mesma ou rúas máis esvaradías pola acumulación de follas húmidas.
Se ben a limpeza mecánica pode axilizar os traballos, existen zonas na cidade nas que as condicións e accesibilidade son máis complexas. Nestes casos precísase da combinación con limpezas manuais.

