Continua a acción de divulgación do voluntariado marrón cunha nova saída á rúa da carpa de Ti tes a Chave

4 · Xuño · 2025 | Accións

O vindeiro mércores, 11 de xuño, volve con novas localizacións o stand informativo de Ti tes a Chave.

As persoas interesadas na reciclaxe dos residuos orgánicos a través do colector marrón, poderán resolver todas as súas dúbidas así como conseguir a súa tarxeta e kit para comezar a reciclar.

  • De 10:30 a 13:30. Avenida Castelao (xunto ao bar Palmas).
  • De 15:30 a 18:30. Restollal – Isidro Parga Pondal (xunto a illa de compostaxe).

Así mesmo, no stand poderedes conseguir unha das mostras de compost das illas comunitarias do concello.

Etiquetas: