Hoxe entra en funcionamento o novidoso sistema de recollida ‘porta a porta’. Con este novo réxime, mellorarase o tratamento de residuos na améndoa e tamén o servizo aos establecementos. Deste xeito, a recollida porta a porta únese ás illas de quita e pon, que levan operativas dende o mes de xaneiro.
O horario foi negociado e dialogado cos asociacións da hostalaría. As franxas horarias, que detallamos máis adiante, entran en vigor hoxe mesmo, mércores 1 de marzo, e serán avaliadas nos vindeiros días. A experiencia das primeiras xornadas servirá para analizar o sistema e axustar o servizo, segundo sexa necesario.
De entrada, pártense de dous horarios diferenciados un de inverno e outro de verán. No que arranca, o de inverno, o reparto sería o seguinte:
- Recollida de residuos orgánicos e fracción resto: comeza a partir das 23:30 horas, de luns a venres. Fins de semana: comeza a partir das 24:00 horas.
- Recollida de papel e cartón: comeza a partir das 20:30 horas.
- Recollida de envases lixeiros: comeza a partir das 20:00 horas.
- Recollida de vidro: non sufre variacións con respecto ao sistema actual.
En verán, o cambio fundamental sería nos residuos orgánicos, retrasándose media hora o inicio do horario de recollida e, en todo caso, todas as franxas poden variar en función da experiencia inicial.
Santiago Sostible é a marca paraugas do Concello de Santiago e Urbaser para acoller todas as actividades e proxectos relacionados cos servizos de limpeza viaria e recollida de lixo no municipio.