Cambio de localización dos colectores de lixo na rúa Costa de Veedor por razóns de seguridade

29 · Maio · 2024 | Avisos, Costa de Veedor

O Concello de Santiago informa de que foi preciso realizar un cambio de localización dos colectores de lixo na rúa Costa de Veedor para garantir a seguridade de todas as persoas.

Esta decisión foi tomada polos técnicos municipais, co fin de garantir a seguridade de viandantes e condutores/as.

Nova localización dos colectores:

  1. Cabeceira da rúa Fraguas
  2. Entrada da rúa Quiroga Palacios

Pedimos a vosa comprensión e colaboración esencial para manter a limpeza na rúa. De terdes algunha dúbida ou suxestión, por favor non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do teléfono 981 565 469 ou na nosa web.

Carta enviada á veciñanza da rúa Costa do Veedor.