Con motivo das procesións da Semana Santa 2023, o servizo de recollida de lixo deberá realizar varios axustes na Zona Vella de Santiago durante os vindeiros días.
- O venres 31 de marzo e o sábado 1 de abril, a recollida porta a porta da fracción de papel e cartón en hostalaría e locais comerciais realizarase a partir da 1.00 da madrugada. Prohíbese sacar á rúa esta fracción antes de medianoite.
- O domingo 2 de abril, non se realizará a recollida porta a porta de envases lixeiros para hostalaría e locais comerciais. Así, prohíbese sacar á rúa o colector amarelo. Ademais as illas de quita e pon para a recollida domiciliaria instalaranse antes das 18.00 horas.
- O luns 3 de abril, a recollida porta a porta das fraccións de resto, orgánica e papel/cartón para hostalaría e comercios realizarase a partir da 1.00 da madrugada e prohíbese sacar á rúa os respectivos colectores antes das 0.30 horas.
- O martes 4 de abril, a recollida porta a porta das fraccións de resto, orgánica e papel/cartón para hostalaría e comercios realizarase a partir das 2.00 da madrugada e prohíbese sacar á rúa os respectivos colectores antes das 1.45 horas.
- O Xoves Santo, 6 de abril, a recollida porta a porta das fraccións de resto, orgánica e papel/cartón para hostalaría e comercios realizarase a partir das 2.30 horas da madrugada e prohíbese sacar á rúa os respectivos colectores antes das 2.00 horas.
- O Venres Santo, 7 de abril, a recollida porta a porta das fraccións de resto, orgánica e papel/cartón para hostalaría e comercios realizarase a partir das 2.00 da madrugada e prohíbese sacar á rúa os respectivos colectores antes das 1.45 horas. Ademais, non se realizará a recollida porta a porta de envases lixeiros e non se permite sacar á rúa o colector amarelo.
- O sábado 8 de abril, a recollida porta a porta da fracción de papel/cartón para hostalaría e comercios realizarase a partir da 1.00 da madrugada e non se permite sacar á rúa o papel e cartón antes de medianoite.
- Tanto o domingo 9 como o domingo 16 de abril non se realizará a recollida porta a porta de envases lixeiros e prohíbese sacar á rúa o colector amarelo.
A recollida porta a porta en hostalaría e comercio para as demais fraccións de residuos mantense sen cambios e no seu horario habitual.
Por outra parte, dende este venres 31 de marzo ata o vindeiro sábado 8 de abril, a illa de quita e pon da Praza de Praterías para recollida domiciliaria será substituída por colectores en superficie, mantendo os mesmos horarios nos que se viña instalando e retirando a devandita illa.