Aviso de reubicación dos colectores da Estación do Casal

19 · Setembro · 2024 | Avisos

O Concello de Santiago informa das novas ubicacións dos colectores que estaban situados na Estación do Casal e que constituían un punto reincidente de abandono de residuos incontrolados.

A veciñanza ten xa á súa disposición os colectores nas seguintes localizacións, sen perxuicio de admitir calquera outra proposta que sería valorada tanto polos servizos municipales coma pola empresa concesionaria:

  1. Na rúa Carretera do Casal: xunto a marquesiña da parada do bus.
  2. Na urbanización Vilagueira, á altura do número 26.
  3. Na Rúa Estación do Casal, á altura do número 52 da urbanización Vilagueira.

Para calquera dúbida ou suxestión, podes contactar con Santiago Sostible a través do teléfono 981 565 469 ou na nosa web.

Reubicación dos colectores da Estación do Casal