O Concello de Santiago de Compostela, na súa clara aposta pola compostaxe, ten previsto antes de que remate o ano, a instalación de seis novas illas comunitarias de compostaxe, polo que se prevé que as obras se inicien neste mes de outubro e estean rematadas no mes de novembro. O seu principal obxectivo é promover a reciclaxe de residuos orgánicos entre a veciñanza que habita en vivendas comunitarias e conta cun espazo público adecuado na súa contorna.
Durante o mes de outubro, o equipo de Santiago Sostible e os seus mestres/as composteiras, impartirá unha serie de charlas informativas de unha media hora de duración nos Centros Socioculturais máis próximos ás 6 novas illas e tamén nos próximos ás 4 localizacións xa existentes con anterioridade.
A continuación indicamos a programación coa data, hora e o lugar onde se van a desenvolver estas actividades:
Martes 10 de Outubro
ás 19h, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
ás 20.30h, no Centro Sociocultural de Santa Marta.
Mércores 11 de Outubro
ás 19h, en Centro Sociocultural de San Lázaro.
ás 20.30h, en Centro Sociocultural Casa Agraria.
Luns 16 de Outubro
ás 20.30 h, en Centro Sociocultural Brañas de Andrés.
Martes 17 de Outubro
ás 19h, en Centro Cívico Romaño – Vista Alegre.
ás 20.30h, en Centro Sociocultural de Fontiñas.
As localizacións escollidas son as seguintes: rúa Mónaco, rúa de Federica Montseny, Costa do Vieiro, avenida da Liberdade, a rúa Isidro Parga Pondal e a rúa do Alcalde Raimundo López Pol. Un total de seis novos espazos dedicados á compostaxe comunitaria que se unirán ás catro xa activas en Galeras, Romaño, Santa Marta e Salgueiriños