Nas vindeiras semanas, as accións a pé de rúa da campaña #TiTesaChave inclúen unha interesante novidade.
Continuarase co rexistro e entrega do kit de reciclaxe para as persoas interesadas no voluntariado marrón.
Pero, ademais, os composteiros estarán no noso stand para repartir entre os transeúntes mostras do compost das Illas Comunitarias do Concello de Santiago de Compostela. E aquelas persoas interesadas en recibir unha bolsa de compost de maior tamaño, tamén se poderán anotar alí para tal fin.
A continuación, remitimos as datas e localizacións destas accións a pé de rúa. Esperámosvos! Traballando xuntos pola reciclaxe de residuos orgánicos facemos de Compostela unha cidade máis sostible.