O stand informativo de Ti tes a chave volve ás rúas o vindeiro mércores 12 de febreiro para concienciar á cidadanía sobre a importancia da reciclaxe.
No stand, as persoas interesadas poderán coñecer máis sobre a reciclaxe de residuos orgánicos a través dos colectores marróns que se reparten por Santiago. Tamén poderán conseguir o seu kit de reciclaxe.
Poderedes atopalo pola mañá na Avenida de Castelao (á altura do bar Palmas) de 10:30 a 13:30h. E pola tarde, no Parque da Alameda de 15:30 a 18:30h.
Súmate ao voluntariado marrón! Xuntos coidamos a nosa cidade.