A campaña “Ti tes a chave”, posta en marcha polo Concello de Santiago, volverá ás rúas o vindeiro mércores 13 de maio.
Estará en horario de mañá (de 10:30 a 13:30 h) na Rúa Berlín, e en horario de tarde (15:30 a 18:30), na Avenida de Bilbao, xunto á illa de compostaxe.
Nesta nova xornada manterase a dinámica desenvolvida ata o de agora. As persoas interesadas na reciclaxe dos seus residuos orgánicos poderán unirse ao voluntariado marrón neste punto, levando consigo a tarxeta necesaria para abrir o colector e o kit de reciclaxe.
Así mesmo, o stand funcionará como punto de información e encontro, no que a cidadanía poderá resolver as dúbidas que lle xurdan sobre o programa, ao tempo que se reforza a súa visibilidade.

