Desde a empresa a cargo do servizo de limpeza e recollida de lixo do Concello de Santiago de Compostela, Urbaser, lanzan un aviso importante á cidadanía sobre o Punto Limpo de Piñor.
Lembran aos veciños e veciñas de Compostela que este punto limpo conta cun horario especial os sábados e permanecerá pechado os segundos e cuartos sábados de cada mes.
Recoméndase consultar os horarios antes de visitalo e agradécese a colaboración cidadá.

