Urbaser realiza unha campaña preventiva de recollida de follas e solicita a colaboración cidadá

6 · Novembro · 2026 | Servizo de limpeza e conservación

A empresa a cargo do servizo de limpeza e recollida de lixo, Urbaser, organizou unha campaña preventiva de eliminación de folla nas rúas de Compostela. O persoal realizou labores de limpeza que todavía continúan en activo con maquinaria específica.

Desde Urbaser e Concello solicítase a colaboración cidadá. En caso de atopar algún sumideiro tupido ao cal aínda non chegou o persoal de limpeza e mantemento, rógase dar aviso a través do nóso buzón de incidencias. Achégase o inverno e a temporada de fortes choivas, toda colaboración é pouco para poder mante as rúas limpas e seguras.

Lémbrase que as follas non son lixo, elimínanse para evitar este tipo de problemáticas, pero forman parte viva e activa da nosa cidade.