O vindeiro xoves 10 de setembro volvemos ás rúas compostelás para seguir impulsando a separación e a reciclaxe dos residuos orgánicos que xeramos a diario nos nosos fogares. A carpa da campaña ‘Ti Tes A Chave’ estará localizada en:
📍Rúa Berlín [xunto a entrada de Área Central], en horario de 10:30h a 13:30h.
📍Restollal – Isidro Parga Pondal [xunto a Illa de Compostaxe], en horario de 15:30h a 18:30h.
Achégate ao noso stand, infórmate e únete ao voluntariado marrón. Reciclar é unha tarefa de toda a comunidade. Súmate ao coidado da nosa cidade, coidar do medio ambiente é responsabilidade de todos e todas nós.
#santiagosostible #pazoraxoi #Urbaser #MedioAmbiente #Educación #Reciclaxe #compostaxe

