O stand informativo de Ti tes a Chave volve ás rúas de Santiago para informar e impulsar a reciclaxe de residuos orgánicos a través do colector marrón o vindeiro martes 23 de xuño. A carpa da campaña estará localizada en avenida Mestra Victoria Míguez (xunto a Nave de Vidán), en horario de 10:30h a 13:30h.
Durante a xornada, as persoas interesadas tamén poderán facerse co seu kit de reciclaxe, que inclúe a tarxeta de apertura dos colectores marróns. Estes depósitos están pechados co obxectivo de concienciar á veciñanza e de mellorar na reciclaxe destes residuos.
Na actualidade son máis de 6.000 as familias que se sumaron xa ao voluntariado marrón, axudando non só á protección do medio ambiente senón tamén ao aforro nas facturas da xestión de residuos do Concello, pagadas cos impostos de todos e todas nós.

