O vindeiro mércores, súmate ao voluntariado marrón no noso stand informativo

5 · Xuño · 2026 | Accións

O stand informativo de Ti tes a Chave volve ás rúas de Santiago para informar e impulsar a reciclaxe de residuos orgánicos a través do colector marrón o vindeiro mércores 10 de xuño. A carpa da campaña estará localizada en rúa de Vista Alegre, en horario de 10:30h a 13:30h.

Durante a xornada, as persoas interesadas tamén poderán facerse co seu kit de reciclaxe, que inclúe a chave dos colectores marróns. Colectores pechados para a concienciación da veciñanza e a mellora na reciclaxe destes residuos.

Actualmente, son máis de 6.000 as familias que se sumaron xa ao voluntariado marrón, axudando non só a protección do medio ambiente senón tamén ao aforro nas facturas da xestión de residuos do Concello, pagadas cos impostos de todos e todas nós.