O vindeiro mércores, 27 de maio, temos unha nova cita co stand informtaivo de Ti tes a Chave. Unha iniciativa do concello de Santiago de Compostela que busca darlle visibilidade ao programa de reciclaxe de orgánicos a través do colector marrón.
As persoas interesadas, poderán achegarse ao stand nas seguintes localizacións:
- De 10.30h a 13.30h, na rúa dos Concheiros, á altura do Gadis.
- De 15.30h a 18.30h, núa de Galeras, xunto a illa de compostaxe comunitaria.
Durante a xornada, resolveranse todas as dúbidas sobre a reciclaxe que poidan ter as persoas que se acheguen. Ademais, repartiranse novos kits de reciclaxe, que inclúen a tarxeta necesaria para abrir o colector marrón.
Que podo reciclar no colector marrón?
Este colector está habilitado para a reciclaxe de residuos orgánicos, que posteriormente se converterán en compost. Isto inclúe residuos como os restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas ou cortizas.
Pola contra, non se deben desbotar nel os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e outro tipo de residuos non orgánicos.

