Volven os puntos informativos do colector marrón a Santiago: súmate ao cambio

9 · Abril · 2026 | Accións

Volven os puntos informativos do colector marrón a Santiago: súmate ao cambio

No Concello de Santiago de Compostela séguese a apostar pola inclusión de toda a veciñanza na reciclaxe a través do colector marrón. Con cerca de 6.000 familias e 136 grandes xeradores participantes do programa Ti Tes a Chave, volven os puntos de información sobre o colector marrón ás rúas da cidade para facer partícipe a máis persoas.

Se algunha vez tiveches dúbidas sobre como separar os residuos orgánicos ou aínda non te sumaches a este programa, esta é a túa oportunidade perfecta.

Novas datas do satand Ti Tes a Chave

O colector marrón, implantado en Santiago hai 4 anos, está destinado á recollida de residuos orgánicos. A súa particularidade é que está pechado, polo que só as persoas participantes poden usalo, fomentando así unha separación máis consciente e responsable.

A partir do mércores 15 de abril, poderás achegarte ás carpas informativas e resolver todas as túas dúbidas. O stand estará dispoñible para  toda aquela persoa interesada nos vindeiros meses. Concretamente, nos seguintes días e localizacións:

Mércores, 15 de abril:

  • De 10.30h a 13.30h  na Avenida de Castelao, fronte o bar Palmas.
  • De 15.30h a 18.30h no Parque Alameda.

Mércores, 29 de abril:

  • De 10.30h a 13.30h na Rúa San Lázaro, xunto á capela.
  • De 15.30h a 18.30h en Restollal – Isidro Parga Pondal, xunto a illa de compostaxe.

Mércores, 13 de maio:

  • De 10.30h a 13.30h na Rúa Berlín, entrada de Área Central.
  • De 15.30h a 18.30h na Avenida Bilbao, xunto a illa de compostaxe comunitaria.

Mércores, 27 de maio:

  • De 10.30h a 13.30h na Rúa dos Concheiros, á altura do Gadis.
  • De 15.30h a 18.30h na Rúa de Galeras, xunto a illa de compostaxe comunitaria.

Mércores, 10 de xuño.

  • De 10.30h a 13.30h na Rúa de Vista Alegre, fronte Abanca.

Martes, 23 de xuño.

  • De 10.30h a 13.30h na Avenida Mestra Victoria Míguez, xunto a Nave de Vidán.

Alí, ademais de informarte, poderás conseguir o teu kit de reciclaxe e unirte ao voluntariado marrón, pensado para que as persoas comprometidas co medio ambiente e con ganas de dar un paso máis poidan facer de Santiago unha cidade máis sostible.

Tamén podes conseguir a túa chave a través dos Centros Socioculturais que forman parte da nosa rede de colaboradores.

Para estar ao tanto de todas as accións informativas que se levarán a cabo, pódese seguir a nosa canle de Facebook.

Porque facer unha cidade máis sostible é cousa de todas e todos.

Por que sumarse ao voluntariado marrón

A reciclaxe de residuos orgánicos a través dos colectores marróns ten unha importante implicación no coidado do medio ambiente. Pero, ademais permite obter un aforro na xestión dos residuos da cidade. Unha reciclaxe máis deficiente, ten repercusión directa nas facturas que emite Sogama ao concello, e que son aboadas dos recibos do lixo que paga a cidadanía.

Etiquetas: