Ademais do Punto Limpo de carácter fixo, Santiago conta cun punto limpo móbil para facilitar á veciñanza a correcta separación dos seus refugallos. Un vehículo adaptado que percorre a cidade os sábados pola mañá, con áreas predefinidas para o seu uso por parte da cidadanía.
Cada sábado corresponde un barrio concreto, en horario de 10:30 a 12:45h. As quendas son as seguintes:
- 1º sábado de cada mes: Fontiñas
- 2º sábado de cada mes: Praza Roxa
- 3º sábado de cada mes: Virxe da Cerca
- 4º sábado de cada mes: Castiñeiriño
No punto limpo, pódense depositar aqueles residuos que non van a ningún colector, como por exemplo:
- Aceite e filtros de automoción
- Pilas, baterías e cartuchos de tinta
- DVDs e cintas VHS
- Pequenos electrodomésticos e lámpadas
- Envases de metal e plástico contaminados
- Aceite vexetal
- Aerosois
- Roupa e téxtil
Pola contra, non se poden depositar os seguintes elementos:
- Entullos, madeira ou restos de poda
- Voluminosos
- Utensilios
- Pneumáticos
- Papel e cartón
- Plásticos e poliespán
Para os voluminosos, a veciñanza tamén dispón dun servizo de recollida a domicilio. Para facer uso do mesmo, deberase chamar ao 981 56 54 69 para concertar unha cita previa co día, hora e lugar da vía pública onde depositar os obxectos para a súa recollida. O horario de avisos é de luns a venres, de 10 a 13h.

