Traballos de recollida de aveños e escombros na área de colectores da Granxa de San Lázaro

3 · Febreiro · 2026 | Accións

Ante o estado no que se atopaba a área de colectores da Granxa de San Lázaro, desde o concello abordáronse tarefas para bolsear e retirar aveños  e máis escombros. Deste xeito, puidemos ofrecer á cidadanía un espazo limpo e seguro na zona.

Para o correcto funcionamento da recollida de refugallo, Santiago ten a disposición do público unha serie de recursos que nos axudan nestas tarefas.

Se coñeces algunha incidencia, de calquera tipo, con respecto aos colectores; podes avisarnos a través dos formulario da nosa web.

Ademais, existe un servizo de recollida de voluminosos a domicilio. Pódese concertar cita previa a través do teléfono 981 56 54 69. E máis un punto móbil que percorre os diferentes barrios para recoller os residuos domésticos que non van en ningún colector. As rutas e horario tamén na nosa web.

Entre todos, podemos facer de Santiago unha cidade máis limpa, máis sostible.