O equipo de limpeza do Concello procura cada día manter a nosa cidade limpa, na procura do benestar de toda a cidadanía. Para conseguilo, a maquinaria empregada está adaptada ás necesidades e ás medidas das nosas rúas, especialmente complexas na zona vella compostelá.
Un exemplo desta adecuación, é o baldeo matutino que se fai no casco histórico. As maquinas de auga a presión permiten aos operarios limpar ata o último recuncho, eliminado a sucidade acumulada, os restos orgánicos, o po e os malos cheiros. Así mesmo, trátase de maquinaria eléctrica que reduce os ruídos e coida o medio ambiente.
A importancia do baldeo
Esta técnica permite unha maior limpeza, acabando con residuos que non consegue eliminar o barrido. Trátase dunha técnica especialmente eficaz contra as manchas persistentes e os malos olores, con importantes beneficios:
- Coa eliminación dos refugallos máis difíciles, reduce a contaminación ambiental.
- Mellora a saúde e benestar públicos.
- Obtén un maior impacto estético.
- Favorece a limpeza das redes de evacuación de augas residuais en épocas de menos chuvia.

