O outono deixa unha paisaxe moi fermosa na cidade: os amarelos e vermellos tinguindo as árbores, as follas caendo, a luz dourada do sol agochándose coa chegada do solpor…
Non obstante, a acumulación das follas das árbores ao caer poden supoñer un problema. Ademais de ser esvaradías para os transeúntes, poden ser as causantes de que os brotes e plantas podrezan a causa da humidade.
Por iso é tan importante a labor de barrido de follas que o equipo de limpeza do concello desenvolve cada outono.

